webinar register page

Ciclo FALAMOS 07/10/2021 - Presentación Libre, por Dolores Mosquera Barral
Trátase da presentación do libro “Libre: Manual para la comprensión y el tratamiento psicológico integral de los efectos de la violencia de género en las mujeres”, por parte da colexiada Dolores Mosquera Barral (G-2552).

"Libre" fala de algo que realmente importa: a violencia de xénero. A autora presentará este manual que achega entendemento, un dos antídotos fundamentais para liberarnos da violencia de xénero. É unha guía que facilita un esquema moi específico para organizar a información clínica, conceptualizar o caso e propoñer, finalmente, un plan de tratamento personalizado para cada muller.

Dolores Mosquera Barral é psicóloga e psicoterapeuta, especializada en trastornos da personalidade, trauma e disociación, sobre o que ten publicado numerosos libros e artigos. É a directora do Instituto para o Estudo do Trauma e os Trastornos da Personalidade (INTRA- TP). Ampla experiencia docente a nivel internacional.

Participarán tamén as/o colexiadas/o Fátima López Rodríguez, Natalia Seijo Ameneiros, Yoana Fernández Moreno e Rubén Villar Trenco.

Oct 7, 2021 08:00 PM in Madrid

Webinar is over, you cannot register now. If you have any questions, please contact Webinar host: COP GALICIA.