webinar register page

Webinar banner
XORNADAS SOBRE MODA E ECONOMÍA SOSTIBLE-
XXIII Avances en Ciencia e Tecnoloxía

O sector da moda evolucionou de modo relevante ao longo do tempo, se ben mantivo na súa esencia o ser un acto creativo de moi alto valor engadido, xerando unha contribución á economía e ao emprego nada desdeñable. As súas dúas dimensións, estética e económica, enfiadas por unha certa forma de emoción, vense hoxe diante o desafío da sostibilidade. A toma de conciencia social do necesario e urxente respecto á protección do medio ambiente, interpela tamén ao mundo da moda. En definitiva, este aspecto ha de sumarse ao vector ético que a moda, a través dos seus actores máis concienciados, inclúe xa no seu propio código xenético.

A Real Academia Galega de Ciencias, tendo en conta que a industria da moda é moi significativa en Galicia, organiza unhas xornadas nas que se poida facer un balance de situación do sector, á vez que se discuten os seus problemas actuais e os desafíos por vir, no marco da sostibilidade.

Coordinador: Luis Caramés Viéitez
Académico Numerario da RAGC

Luns, 22 de xuño
9.00 Inauguración. Juan Lema Rodicio. Presidente da RAGC
9.15 Miguel Vázquez Taín. Presidente do Consello Galego de Economistas: A relevancia económica da moda
10.15 Alberto Rocha Guisande. Clúster Moda de Galicia (Cointega): O téxtil e as súas empresas: desafíos organizativos
11.15 Marina López Domínguez. Presidenta de Moda Sostenible de España (AMSE): Moda ética e sostible: a redución da pegada ecolóxica.

Martes, 23 de xuño
9.00 Gema Gómez. Directora de Slow Fashion Nex: A moda circular: pensando nas futuras xeracións
10:00 Maite Aranzábal Harreguy. IE Business School: Os desafíos do “retail” no sector da moda
11.00 Ángeles Menéndez Durán. Diplomada en deseño. IADE: O “retail” do futuro: puntos de venda versus on line
16.30 Tiziana Domínguez González. Directora Creativa de Adolfo Domínguez, SA: Adolfo Domínguez: moda de autor para o século XXI
17.30 Conclusións
Luis Caramés Viéitez. Académico Numerario da RAGC
Webinar is over, you cannot register now. If you have any questions, please contact Webinar host: RAGC.